Perú ofrece oportunidades de negocio as empresas galegas.
Perú ofrece oportunidades de negocio as empresas galegas
O Perú ofrece oportunidades de negocio ás empresas galegas. Sectores como a minería, a construción ou a enerxía están en auxe neste país suramericano.
O Perú é, segundo o Fondo Monetario Internacional, o segundo país do mundo en crecemento. Un lugar idóneo para que moitas empresas galegas busquen oportunidade de negocio.
Andrés Arriaga, a través das súas empresas de consultoría, traballa na implantación de empresas galegas neste país suramericano.
Asegura que é un país onde todo está por facer, con moitos cartos e tamén financiamento. Un dos sectores estratéxicos sería a minería, calcúlase que só o 14 por cento das reservas minerais están explotadas, tamén o sector da construción está medrando. Fabrican unhas 50 mil vivendas ao ano. O sector enerxético é outro filón.
100 mil españois están actualmente vivindo en Lima, o 80 por deles chegaron no último ano.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir!